Teñen cinco persoas nunha redada no barrio da Seca, en Pontevedra
Teñen cinco persoas nunha redada no barrio da Seca, en Pontevedra
A operación saldouse cunha importante cantidade de haxix e marihuana e co arresto de tres homes e dúas mulleres, que quedaron en liberdade con cargos
A Policía Nacional e a Local colaboraron na operación, que levaba tempo preparándose
Mañá apracible no barrio da Seca, en contraste co que se viviu 24 horas antes.
"Vin moita policía. A xente comentaba que ían a unhas casas e a outras casas pero eu non sei onde ían", comenta unha veciña.
Entraron en tres casas, e foron a tiro fixo, porque a operación, na que participaron distintos grupos da Policía Nacional e tamén da Local, levaba tempo preparándose.
"Dentro do barrio, a zona máis para riba. Coméntase que era por droga e estiveron facendo rexistros en casas, con cans adestrados", explica outro veciño.
A operación rematou con cinco detidos, tres homes e dúas mulleres, que xa están en liberdade con cargos, e unha importante cantidade de haxix e marihuana, segundo confirmou a Subdelegación do Goberno.
De feito, o tráfico na zona é algo que todo o mundo sabe pero que ninguén viu.
"Coméntase, a xente fala, pero eu subo e baixo e non me decato moito do que pasa", apunta a muller.
O desmantelamento do poboado do Vao desprazou a venda de drogas a distintos puntos da cidade, pero, con todo, a veciñanza coincide en describir este barrio como humilde e tranquilo, de familias traballadoras e xente xa maior.
"Foi peor. Agora está máis tranquilo, paréceme a min".
"Comparado isto con 40 anos atrás, pódese dicir que é un barrio bastante tranquilo para vivir. Que algún se dedica a andar con droga, en todos os lados hai. Pero nada alarmante".
Descoñécese se esta redada tivo relación coa caída dun narcobar hai só uns días, tamén nesa parte da cidade.