Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detida na Coruña a limpadora dun local por montar nel festas cos seus amigos

Detida na Coruña a limpadora dun local por montar nel festas cos seus amigos

A muller negouse a entregar as chaves ao seu dono e enfrontouse á policía

G24.gal 05/09/2024 13:56

Baixo a aparencia de local abandonado... hai quen celebraba nel festas cos seus amigos. Pero non era o dono quen as organizaba. O que este denuncia é que a muller que contratara para facer os labores de limpeza nun negocio de hostalería da Coruña era quen as facía. Cando foi pedir explicacións di que se pechou no interior e que se negou a devolverlle as chaves.

Segundo consta no atestado, a muller tamén agrediu un axente da Policía Local. E agora está a ser investigada por dous delitos, atentado e resistencia á autoridade.

A ocupación ilegal é o principal temor que teñen agora os veciños deste barrio de Monte Alto, onde hai poucos meses se viviron enfrontamentos cos ocupantes dun narcopiso. Din que dende entón están en alerta, porque os incidentes seguen producíndose. O último hai apenas unhas horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos