Cargando resultados...
Detida unha muller en Lugo por violencia familiar
Detida unha muller en Lugo por violencia familiar
Presuntamente agrediu a súa filla, de 14 anos, co mango dunha vasoira
A vítima foi trasladada nunha ambulancia ao hospital Lucus Augusti
Félix Aragunde
04/10/2022 14:07
Última actualización 04/10/2022 18:23
A Policía Local de Lugo detivo unha muller como presunta autora dun delito de violencia familiar. Supostamente, no transcurso dunha discusión agrediu no lombo a súa filla, de 14 anos, co mango dunha vasoira.
Segundo explicou a vítima, os episodios violentos eran habituais. A menor foi trasladada nunha ambulancia ao HULA, mentres que os axentes prenderon a súa nai debido á gravidade e á reiteración destes feitos.