Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidas dúas españolas casadas con xihadistas que foron repatriadas desde Siria

Detidas dúas españolas casadas con xihadistas que foron repatriadas desde Siria

As detidas permanecen en dependencias policiais á espera de pasar á disposición do Xulgado de Instrución número 5 da Audiencia Nacional

As dúas mulleres viñeron acompañadas de nove fillos, que xa están baixo protección dos servizos sociais 

As dúas mulleres e os menores veñen dun campo de prisioneiros de Siria onde estaban retidas, polo menos, desde 2020

 

G24.gal 10/01/2023 09:47

Dúas das mulleres españolas, esposas de xihadistas do autoproclamado Estado Islámico, foron repatriadas desde Siria a España canda os seus nove fillos. As dúas mulleres foron detidas e permanecen en dependencias policiais á espera de pasar a disposición xudicial da Audiencia Nacional.  Os menores quedaron baixo a protección dos servizos sociais.

Segundo confirmaron fontes policiais a axencia EFE, as mulleres e os menores chegaron na noite deste luns á base aérea de Torrexón de Ardoz (Madrid) procedentes dun campo de prisioneiros de Siria onde estaban retidas, polo menos, desde 2020.

As dúas detidas son Yolanda Martínez, cuxo marido está nunha prisión siria, e Luna Fernández, viúva doutro xihadista morto en combate nese país.

Fontes xurídicas detallaron á axencia EFE que o Xulgado de Instrución número 5 da Audiencia Nacional ten un procedemento aberto e que previsiblemente ambas as mulleres pasen este mércores a disposición xudicial para coñecer como queda a súa situación.

As dúas detidas manifestaran o seu desexo de regresar a España desde hai varios anos. Fontes consultadas por EFE explicaron que non foi unha operación fácil e apuntan a que entre o Ministerio do Interior e o de Asuntos Exteriores había algunhas diverxencias. Ao parecer, o Ministerio do Interior consideraba moi importante ter preparada a resposta penal adecuada para estas mulleres unha vez en España e, sobre todo, o destino dos menores.

Amais de Martínez e Fernández, hai outras dúas mulleres que marcharon a Siria: Lubna Miludi, unha mestra de Ceuta con dous fillos que non puido ser repatriada ao non ser localizada no campo de prisioneiros, e Lubna Fares, de nacionalidade marroquí cuxo marido tiña a nacionalidade española.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar