Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidas trece persoas por compra de votos en Albudeite (Murcia)

Detidas trece persoas por compra de votos en Albudeite (Murcia)

Entre os detidos atópase a candidata socialista á alcaldía Isabel de las Dolores Peñalver

Emisión dun voto nunha furna.
G24.gal 25/05/2023 17:28 Última actualización 26/05/2023 10:06

A operación da Garda Civil foi en Albudeite, un municipio de 1.300 habitantes, e comezou por unhas escoitas no marco dunha operación antidroga.  Así descubriron a presunta compra de votos por correo a cambio de diñeiro.

Arrestaron 13 persoas. Entre elas, a candidata a alcaldesa polo PSOE Isabel Peñalver. E tamén un integrante da candidatura socialista á Asemblea autonómica de Murcia, Héctor Martínez.

Todos quedaron en liberdade con medidas cautelares despois de declarar ante un xuíz. A investigación continúa aberta e baixo segredo de sumario.

O Partido Popular, que goberna en Albudeite, pídelle ao PSOE que reaccione e limpe o partido dos que corrompen a democracia.

No PSOE de Murcia din que non lles tremerá o pulso ante calquera práctica ilegal e que de confirmárense os feitos expulsarán a todos os implicados. 

Podemos e Izquierda Unida reclamáronlle á Xunta Electoral como medida cautelar que non se contabilice o voto por correo nesta localidade de forma temporal ou que se deposite nunha urna separada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade