Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido polos incendios en Marín e Pontevedra dunha vivenda, un garaxe e unha autocaravana

Detido polos incendios en Marín e Pontevedra dunha vivenda, un garaxe e unha autocaravana

Tamén queimou, presuntamente, varios colectores de lixo na cidade do Lérez

Incendio nun garaxe de Marín Incendio nun garaxe de Marín
G24.gal 05/07/2024 16:46 Última actualización 05/07/2024 17:02

A Policía Nacional detivo un home como presunto responsable dun delito continuado de danos, por varios incendios en contedores da cidade de Pontevedra e nunha vivenda e nun garaxe en Marín.

Todo empezou o 24 de maio, día en que se produciu un incendio nunha casa dun barrio de Marín. Esa mesma madrugada, orixinouse outro lume nun garaxe dun edificio que afectou a numerosos coches e obrigou ao desaloxo dos residentes.

Días despois, na madrugada do 6 de xuño, na cidade de Pontevedra incendiáronse seis contedores de residuos urbanos e unha autocaravana que quedaron completamente calcinados.

Restos calcinados dunha autocaravana en Pontevedra Restos calcinados dunha autocaravana en Pontevedra

Así, a Policía Nacional activou un dispositivo especial de prevención mentres se continuaba cos labores de investigación e estudo dos indicios. Os axentes estableceron un operativo arredor da casa do sospeitoso, que foi interceptado cando tentaba abandonala.

Nese momento, foi interceptado e detido como presunto autor dun delito continuado de danos mediante incendio, que puxo en grave risco a integridade física das persoas e supuxo tamén un prexuízo económico. Ademais, a Policía recuperou no seu domicilio unha bicicleta que fora subtraída no garaxe incendiado.

Unha vez na comisaría da Policía Nacional de Marín, tramitáronse as correspondentes dilixencias que foron remitidas xunto co detido ao Xulgado de Instrución número 2, en funcións de garda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade