Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido na Coruña por agredir o porteiro dun local de copas e por resistencia á autoridade

Detido na Coruña por agredir o porteiro dun local de copas e por resistencia á autoridade

A agresión produciuse cando o persoal de seguridade lle negou a entrada ao establecemento, onde se atopaba un grupo de mozas que fuxira del

G24.gal 21/10/2024 13:57

A liorta produciuse ás portas deste local de copas situado na zona da Marina pouco antes das 3 da madrugada do sábado ao domingo. Un individuo con evidentes signos de embriaguez estaba molestando un grupo de mozas, que se refuxiaron no local para evitalo.

O home quixo entrar detrás, pero o persoal de seguridade negoulle o acceso e reaccionou dándolle un golpe no nariz a un dos porteiros, que tivo que acudir a un centro sanitario para ser atendido da lesión. Lograron reducilo ata que chegou a policía.

O agresor tamén tiña unha lesión nunha man e tivo que ser atendido nunha ambulancia que se trasladou ata o lugar e que máis tarde o trasladou ao hospital. Cando os axentes intentaban identificalo, o home púxose agresivo e mesmo intentou fuxir, polo que finalmente detivérono e levárono a dependencias policiais.

O detido, que tiña antecedentes penais, quedou en liberdade con cargos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade