Cargando resultados...
Detido un home acusado de matar a tiros a súa exparella en Pasaia (Guipúscoa)
Detido un home acusado de matar a tiros a súa exparella en Pasaia (Guipúscoa)
O suposto autor entregouse á Policía tras cometer o crime machista
Unha veciñas abrázanse ao coñecer a nova. EFE/Juan Herrero
G24.gal
30/11/2024 19:11
Última actualización 30/11/2024 19:41
Unha muller morreu este sábado nunha vivenda de Pasaia (Guipúscoa) a consecuencia dos disparos efectuados presuntamente pola súa exparella. O suposto autor entregouse á Policía tras cometer o crime machista e permanece detido.
Segundo fontes do Departamento vasco de Seguridade, ocorreu pouco despois das 16:00 horas no interior dun piso do distrito de Pasai Antxo. As forzas de seguridade tentan agora esclarecer as circunstancias do acontecido.
Nun primeiro momento, o arrestado fuxiu do lugar nun vehículo, pero logo presentouse nas dependencias da Policía municipal de Villabona, a 20 quilómetros de Pasaia.