Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un home en Vigo acusado de violar unha moza nun local de ocio

Detido un home en Vigo acusado de violar unha moza nun local de ocio

A vítima é a filla dun amigo do suposto agresor

G24.gal 29/07/2024 15:57 Última actualización 29/07/2024 18:13

Deteñen un home de corenta anos como suposto autor dunha agresión sexual ocorrida nos baños do Palacio da Oliva de Vigo.

Segundo fontes coñecedoras da investigación, os feitos ocorreron na madrugada do pasado sábado 13 de xullo.

Os amigos da vítima observaron como a muller saía do baño desorientada, polo que alertaron á súa parella. Nun primeiro momento, ela asegurou que deberan botarlle algo na copa.

A muller, en estado de shock, foi trasladada a un centro de saúde en que activaron o protocolo de agresións sexuais e foi derivada ao hospital Cunqueiro.  

O suposto autor do ataque foi detido pouco despois cando circulaba co seu Lamborghini polas rúas de Vigo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade