Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigado por tentativa de homicidio o home que lle prendeu lume á exparella

Investigado por tentativa de homicidio o home que lle prendeu lume á exparella

A muller, de 30 anos, ten o 35 % do corpo queimado 

O arrestado ten antecedentes policiais por tenza ilícita de armas

O detido cando fora arrestado hai dez anos por tenza ilícita de armas
G24.gal 14/09/2024 10:51 Última actualización 15/09/2024 08:50

O home acusado de prenderlle lume á exparella en Vigo, tras botarlle gasolina enriba cando saía da casa para abrir o bar que rexenta, vai pasar a disposición xudicial nas vindeiras horas. Está a ser investigado por tentativa de homicidio.

Segundo informan fontes policiais, o ataque produciuse na estrada de Valadares ás 9:00 horas. O arrestado, que responde ás siglas B. R. R., levaba o líquido inflamable nunha botella. É veciño de Gondomar e ten 40 anos.

A vítima, de trinta anos, conseguiu apagar as lapas e alertou un familiar. Unha patrulla da Policía Nacional detivo o agresor no lugar dos feitos. De acordo coa Subdelegación do Goberno, antes tentou agredir os axentes cunha botella de cervexa.

A muller, Yihanna, foi evacuada ao hospital Povisa co 35% do seu corpo queimado e, posiblemente, será trasladada á unidade de queimados do complexo hospitalario universitario da Coruña (CHUAC).

Non existían denuncias por violencia de xénero e Yohanna non está inscrita no Sistema Vioxen. Porén, hai catro meses o seu coche apareceu queimado nesta mesma zona.

Antecedentes policiais

Segundo fontes consultadas por Europa Press, o presunto agresor, de 41 anos, conta con antecedentes policiais.

En 2010 foi xulgado por un delito de tenza ilícita de armas, logo de ser investigado primeiro e descartado despois en relación coa morte da súa moza de entón, de 24 anos, en Gondomar. A autopsia determinara que a moza se suicidara dun tiro na sen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade