Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un home pola morte violenta da súa nai en Barcelona

Detido un home pola morte violenta da súa nai en Barcelona

O corpo da vítima, de 68 anos, apareceu no interior do domicilio con evidentes signos de violencia

O fillo foi arrestado horas despois do crime

G24.gal 18/06/2024 08:46

Os Mossos d'Esquadra detiveron un home de 42 anos presuntamente relacionado coa morte violenta da súa nai en Barcelona o pasado domingo.

Segundo informou a Policía da Generalitat, os feitos coñecéronse cara ás 18:30 horas do domingo 16 de xuño, cando o teléfono de emerxencias 112 recibiu unha chamada que alertaba de que nun domicilio da rúa do Carme de Barcelona había unha persoa falecida.

Ao chegaren, os axentes acharon morta unha muller de 68 anos, cuxo cadáver amosaba signos de violencia.

Contra as 23:45 horas do mesmo domingo, axentes da División de Investigación Criminal (DEC) de Barcelona detiveron o fillo da vítima pola súa presunta relación co crime.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade