Cargando resultados...
Detido un mozo tras circular 30 quilómetros en sentido contrario pola autovía AG-64
Detido un mozo tras circular 30 quilómetros en sentido contrario pola autovía AG-64
A Garda Civil interceptouno preto de Narón e deu positivo en drogas
Imaxe de arquivo dun tramo da AG-64, autovía pola que circulou a contramán o mozo de Culleredo
G24.gal
13/04/2022 11:04
A Garda Civil interceptou un mozo que circulou en sentido contrario pola autovía entre Ferrol e Vilaba máis de trinta quilómetros. Trátase dun veciño de Culleredo, de 22 anos de idade, que deu positivo en alcol e outras drogas.
Entrou na AG-64 nas Pontes e foi en dirección Ferrol polos carrís de sentido Vilalba ata que o detiveron á altura de Narón.
Terá que responder nun xuízo rápido acusado de dous delitos contra a seguridade viaria, que lle poderían custar ata seis meses de prisión, ademais da perda de seis puntos e mil euros de sanción.