Detido un veciño de Gondomar acusado de seis roubos con forza en gasolineiras
Detido un veciño de Gondomar acusado de seis roubos con forza en gasolineiras
A Garda Civil estima que o arrestado tería subtraído uns 9.700 euros a través destes roubos
O detido quedou en liberdade tras pasar a disposición do xulgado número 4 de Vigo
A Garda Civil detivo un veciño da localidade pontevedresa de Gondomar como presunto autor de seis roubos con forza en gasolineiras e un autolavado de coches, onde forzaba as máquinas e extraía as moedas.
Tal como informa a Benemérita, foi durante os meses de maio e de xuño cando se presentaron varias denuncias por propietarios de dúas estacións de servizo, alertando de tres roubos con forza no moedeiro do lavado de coches nunha delas e dous roubos co mesmo sistema noutra.
Un sexto altercado produciuse nun autolavado, subtraendo as moedas das aspiradoras. En total, o home conseguiría facerse cuns 9.700 euros.
Logo dunha investigación, o home de 42 anos, foi arrestado. Ten numerosos antecedentes policiais por delitos similares.
O detido, xunto coas dilixencias, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 4 de Vigo, que decretou a súa posta en liberdade con cargos.