Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidos os catro tripulantes dun barco galego apresado fronte ás Cíes cun alixo de 2.000 toneladas de cocaína

Detidos os catro tripulantes dun barco galego apresado fronte ás Cíes cun alixo de 2.000 toneladas de cocaína

A UDYCO descargou a droga, que viña en 60 fardos, no porto de Vigo

Os arrestados serán trasladados a Madrid para declararen na Audiencia Nacional

É o terceiro alixo que chega a Galicia nos últimos meses co mesmo procedemento

Descarga da droga no porto de Vigo
G24.gal 12/09/2023 20:33 Última actualización 12/09/2023 20:42

Detidos os catro tripulantes dun barco apresado fronte ás illas Cíes cun alixo de 2.000 quilos de cocaína.

A droga viña nun pequeno barco de pesca, o Bestarruza, de 12 metros de eslora e con base en Ferrol. A Fiscalía Especial Antidroga da Audiencia Nacional ordenou abordalo de madrugada cando navegaba fronte ás Cíes. 

A investigación apunta a que viña de recoller as dúas toneladas de cocaína dun mercante procedente de Suramérica que navegaba cerca de terra, e o plan era descargar a droga na costa galega nos próximos días. 

Na abordaxe detiveron os catro tripulantes do barco. Polo menos un, o capitán, é galego. Tras participaren no rexistro da embarcación, agora serán trasladados a Madrid para declarar na Audiencia Nacional. Non se descarta que haxa máis detencións en terra relacionados co alixo.

Este é o terceiro pesqueiro intervido pola Brigada Central de Estupefacientes con dirección a Galicia nos últimos meses, e a investigación céntrase en determinar se os casos están relacionados.

O anterior foi o Novo Furuno, interceptado en Camariñas con case tonelada e media de cocaína. Unhas semanas antes era o Sophie, que viaxaba cara a Galicia con 500 quilos de droga. Neste caso, ademais da tripulación, houbo vinte detencións en terra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade