Cargando resultados...
Detonado un obús da Guerra Civil grazas á memoria dun veciño
Detonado un obús da Guerra Civil grazas á memoria dun veciño
Un avión italiano lanzara a bomba en Maella (Zaragoza) e un veciño lembraba o lugar exacto
G24.gal
16/01/2022 18:48
Un obús de 50 quilos, dos tempos da Guerra Civil, foi localizado e detonado grazas á memoria dun veciño.
Sucedeu na localidade zaragozana de Maella. Un ancián, que tiña seis anos cando se produciu un bombardeo da aviación italiana, lembraba o lugar onde caeu un obús que non chegou a estoupar.
Deu o aviso, porque no lugar, un antigo curral, estaban a facer obras. Coa axuda de detectores de metais a Benemérita logrou localizar o potente explosivo e despois foi detonado nunha zona acordoada, nas aforas da localidade.