Dez anos da traxedia de Angrois
As vítimas do accidente do Alvia convocaron unha manifestación no Obradoiro e unha concentración en Angrois para esixir responsabilidades
As vítimas do Alvia confían na independencia da xuíza fronte ao Pacto da Curva
As vítimas do accidente do Alvia convocaron unha manifestación no Obradoiro e unha concentración en Angrois para esixir responsabilidades, xusto o día en que se cumpren dez anos da traxedia ferroviaria e na semana en que termina o xuízo iniciado en outubro de 2022 con dous únicos procesados, o maquinista e un exdirectivo do ADIF.
No sinistro faleceron 80 persoas e 145 quedaron feridas. Nestes días achegase a fin do xuízo penal contra os dous procesados: o maquinista Francisco Garzón e o exdirector de seguridade do ADIF Andrés Cortabitarte.
Ás nove menos vinte da noite do 24 de xullo de 2013, pouco antes de chegar á estación de Santiago, o tren Alvia descarrilaba na curva de Angrois. No sinistro faleceron 80 persoas e 145 quedaron feridas. Dende entón as familias das vítimas piden xustiza.
En outubro do ano pasado comezaba o xuízo penal con dous procesados: o maquinista Francisco Garzón e o exdirector de Seguridade do ADIF Andrés Cortabitarte. Na súa declaración o maquinista pedía perdón ás vítimas.
O mes pasado a fiscalía decidiu desimputar o exdirector de seguridade do ADIF Andrés Cortabitarte. Unha decisión que sorprendeu ás familias das vítimas. As acusacións particulares manteñen a imputación contra el.
O xuízo prevese que remate o vindeiro xoves, día 27, e a sentenza determinará a responsabilidade dos acusados no accidente.