Dez focos de gripe aviaria e 13 animais salvaxes positivos manteñen vixiantes os produtores e expertos
Dez focos de gripe aviaria e 13 animais salvaxes positivos manteñen vixiantes os produtores e expertos
Dez focos de gripe aviaria e 13 animais salvaxes positivos manteñen vixiantes os produtores e expertos
Os casos son de mascatos, unha ave mariña que non se achega a terra a non ser que estea enferma
De momento as explotacións domésticas ou profesionais non están ameazadas
En Galicia hai dez focos de gripe aviaria, 13 aves de momento, todas salvaxes. Son da especie mascato, unha ave mariña que rara vez pisa terra. Malia todo hai zonas de especial risco como a desembocadura do río Umia onde hai sete concellos que xa non poden criar aves no exterior.
En Vilanova e a Illa de Arousa, Cambados, Meaño, Ribadumia, O Grove e Sanxenxo hai que protexer as aves domésticas, segundo recomenda o director de Sanidade Animal da Consellería de Medio Rural Jesús Javier Orejas Fernández.
"Temos trece animais bravos positivos son todos da especie mascato, que é unha especie mariña, que nidifica ao norte das illas británicas e Islandia. E no seu ciclo migratorio pasa polas costas de Galicia".
"Hai que lembrar que as novas aves estean protexidas do contacto coas aves bravas. Estas aves necesitan comer e beber e se atopan comedeiros e bebedoiros nos currais vanos usar. Hai protexer as nosas aves do contacto directo ou indirecto coas que transmite a enfermidade".
En España hai 35 gromos en granxas e rexistráronse 72 en aves bravas. Na nosa comunidade o primeiro caso detectouse hai algo máis dun mes. Mascatos, que apareceron enfermos ou mortos en praias e no medio do mar.
De momento non hai risco elevado de contaxio de explotacións profesionais ou domésticas. Ademais das zonas de especial risco, que están na desembocadura do Umia. Hai establecida unha zona de especial vixilancia que afecta a 29 concellos:
Na Coruña Dumbría, Mazaricos, Ortigueira, Cariño, Porto do Son, Ribeira, Vimianzo e Zas.
En Lugo: Ribadeo. En Ourense: Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos e Xinzo de Limia. En Pontevedra: A Guarda Marín, Meis, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela, O Rosal Soutomaior, Tomiño, Tui, Vilaboa e Vilagarcía.
En maio o Goberno daba por rematado o foco de gripe aviar que afectou unhas trinta explotacións en todo o estado. Pero coa chegada das aves migratorias de paso por Galicia comezaron a detectarse os primeiros casos.
As primeiras aves con gripe apraceron en Cangas e Valdoviño, despois en Ares, Doniños, O Barqueiro e Meira e os últimos no Grove, Muros e Carballo.