Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dezaoito librarías participan na Feira do Libro Antigo e de Ocasión da Coruña

Dezaoito librarías participan na Feira do Libro Antigo e de Ocasión da Coruña

G24.gal 16/08/2024 21:41

É unha das citas literarias imprescindibles do verán na cidade da Coruña. A Feira do Libro Antigo e de Ocasión xa está en marcha.

Unha feira onde atopar xoias como unha colección completa de estampas dos anos 20 do século pasado do fotógrafo galego Ksado

Para o público lector o maior atractivo é buscar, mergullarse e perderse entre os exemplares de cada caseta ata atopar o que se procura. Porque ninguén marcha da feira sen facer o seu propio descubrimento.

Este ano participan 18 librarías. Xa saben, ata o 1 de setembro a literatura volve encher os xardíns de Méndez Núñez da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade