Cargando resultados...
Dezcallar, exembaixador en Marrocos, cre que faltan explicacións sobre o xiro co Sáhara
Dezcallar, exembaixador en Marrocos, cre que faltan explicacións sobre o xiro co Sáhara
O diplomático participou nunhas conversas sobre política exterior na sede de Feuga, en Santiago
G24.gal
28/06/2022 14:18
En Santiago, na sede da Fundación Empresa Universidade Galega, Feuga, analizouse a actual situación xeopolítica internacional. Empresarios, representantes da comunidade educativa e o vicepresidente da Xunta asistiron ao debate que protagonizou o diplomático e exembaixador de España en Marrocos Jorge Dezcallar.
O conflito entre Rusia e Ucraína ou o cambio na polícia exterior de España e o xiro na súa posición exterior con respecto a Marrocos e o Sáhara Occidental foron algúns dos temas que se trataron. Sobre Marrocos, Dezcallar insiste en que o Goberno aínda ten moito que explicar.