Día Internacional do Café, a segunda bebida máis consumida do mundo
Día Internacional do Café, a segunda bebida máis consumida do mundo
O café é para moitos o motor indispensable do seu día a día
Galicia ten empresas referentes no sector do café
O café é para moitos un segundo espertador, o motor para arrancar a xornada. Aínda que algúns o toman de xeito ocasional, para moitos é indispensable.
Galicia tamén ten referentes no sector do café. En Candelas traballan con materia prima de América, África ou Asia. Contan en Lugo co maior torrador de café de Galicia e son líderes no sector da hostalaría en España.
"O pasado ano torramos seis millóns de quilos de café e facturamos 83 millóns de euros, unha cifra que prevemos superar este ano", explica Andrés Alonso, director de compras de Cafés Candelas.
A elevada demanda, sucesos climáticos e problemas xeopolíticos están a disparar o seu prezo.
"Os prezos están subindo moito pero considero que nunca vai ser un artigo de luxo, sempre poderemos permitirnos ese detalle", cre Andrés Alonso.