Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un bar de Carballo mantén o prezo do café a un euro dende hai anos

Un bar de Carballo mantén o prezo do café a un euro dende hai anos

Un xesto que non pasa desapercibido para moitos dos seus clientes

Di que o que quere é que se valore a calidade do produto que vende

G24.gal 03/11/2022 16:37

Son datas complicadas para os petos dos consumidores, pero hai un hostaleiro de Carballo parece estar disposto a plantarlle cara á inflación, porque o prezo do café é o mesmo dende hai anos. A un euro cada cunca. E di que vai seguir así mentres poida, porque o que quere é que se valore a calidade do produto que vende. Un xesto que non pasa desapercibido para moitos dos seus clientes.

"Eu quería un descaifeinado de máquina, coma sempre". É a frase máis repetida nesta cafetería, onde serven máis de 250 cafés cada día a un prezo redondo dun euro, o mesmo dende hai anos. 

"A pregunta sempre é por que non subo. Pois polo agradecemento á xente. E eu pregúntome por que non miran máis o que toman", asegura Sergio Sindago, o seu propietario.

Porque para este hostaleiro o prezo non está enfrontado coa calidade. E moitos xa o saben, por iso levan anos sen faltar a súa cita diaria con este café. Para este hostaleiro a vida tamén é hoxe un pouco máis cara, pero di que mentres poida, non pensa cargar con isto aos seus clientes e os cafés que saian de aquí seguirán custando un euro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade