Publicador de contidos
Publicador de contidos

Día Mundial da Abella: unha especie esencial para a supervivencia humana

Día Mundial da Abella: unha especie esencial para a supervivencia humana

Tres de cada catro cultivos que se producen para a alimentación humana dependen do labor de polinización que fan as abellas, unha especie actualmente ameazada

No Día Mundial das Abellas, os expertos advirten dos perigos para a supervivencia desta especie tan importante para a humanidade, desde as velutinas ao cambio climático

G24.gal 20/05/2024 20:21

Os apicultores galegos confirman un problema que se vén consolidando ano tras ano: a mortaldade das abellas.

Luis Portabales, apicultor: "Unha mortaldade dun 30 % considerámola un éxito, cando en tempos era unha mortaldade grande".

Os factores son múltiples, varias frontes abertas contra as que loitar, desde as especies invasoras, como a velutina, ás pragas cada vez máis resistentes, como a varroa, un ácaro que debilita o sistema inmunolóxico das abellas. O uso de pesticidas, os monocultivos en intensivo e o cambio climático tamén se suman á lista.

"De repente, quince días de chuvia sen que poidan saír recoller, provoca que teñamos que alimentalas nós", explica Luis.

Máis alá das perdas para os apicultores, advirten os expertos, a redución na poboación da abellas é un problema para a humanidade no seu conxunto pola súa función como polinizadoras.

Mónica López Pérez, técnica da Agrupación Apícola de Galicia: "Os cultivos benefícianse desta polinización, as froiteiras, as hortas...".

No Día Mundial das Abellas, instaurado pola ONU para protexelas, lémbrannos tamén que non é só mel o que producen.

"Hai pole, propóleo, a cera é moi utilizada non só para facer candeas, senón tamén para cosmética, a xelea real...", enumera Mónica.

A mensaxe deste ano vai dirixida á poboación moza, para inspirar futuros líderes ambientais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade