Publicador de contidos
Publicador de contidos

Día Mundial do Croissant: entre a historia e as curiosidades

Día Mundial do Croissant: entre a historia e as curiosidades

A teoría máis estendida sitúa a súa orixe na Viena do século XVII

G24.gal 30/01/2024 21:14 Última actualización 30/01/2024 21:37

Cada 30 de xaneiro celébrase o Día Mundial do Croissant, un doce indispensable que multiplicou a súa popularidade dende a Francia do século XIX. Pero a súa orixe vén de antes.

A versión máis estendida conta que naceu en Viena alá polo século XVII, e todo grazas a un episodio de guerra. 

Daquela o imperio otomán tentara invadir Viena escavando túneles ás agachadas pola noite. Os panadeiros, xa traballando a esas horas, deron aviso. Grazas a eles frearon a invasión.

En francés croissant significa crecente.

Ao principio, este doce era artigo de luxo, porque algún ingrediente era daquela moi caro.

Séculos despois, cunha presenza global, continúa a ser a estrela da bolería.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos