Publicador de contidos
Publicador de contidos

Día Mundial dos Animais sen recortes para as mascotas galegas

Día Mundial dos Animais sen recortes para as mascotas galegas

O 62 % dos donos de animais de compañía fan visitas anuais ao veterinario

En España hai 29 millóns de mascotas, seis por cada dez habitantes

G24.gal 04/10/2022 19:28 Última actualización 04/10/2022 21:27

Nin na compra de pensos, nin na de medicamentos nin nas visitas ao veterinario.

Os donos de mascotas en Galicia non reduciron gastos no coidado dos seus animais de compaña.

Máis do 60 % acoden unha vez ao ano ao veterinario, e un 12 % fai ata catro visitas anuais.

Estas cifras colocan a Galicia á cabeza do Estado xunto coa comunidade de Madrid.

A situación económica obriga a facer recortes nos gastos familiares, pero os animais de compaña non semellan ver reducido o seu presuposto.

En España hai arredor de 29 millóns de mascotas, é dicir, seis por cada dez habitantes.

O que máis abunda son os cans e gatos, seguidos de peixes e paxaros e en menor medida animais exóticos.

Estas mascotas supoñen arredor de 1.400 millóns de euros de facturación para as industrias relacionadas con elas.

Os seus propietarios parecen telo claro: prefiren privarse de luxos e ata de necesidades para que aos seus animais de compaña non lles falte de nada.

Oito de cada dez galegos dan identificado problemas físicos e emotivos nas súas mascotas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade