Publicador de contidos
Publicador de contidos

Díaz anuncia un acordo PSOE-Sumar para derrogar a lei mordaza e quitar subvencións a medios "que incumpran códigos"

Díaz anuncia un acordo PSOE-Sumar para derrogar a lei mordaza e quitar subvencións a medios "que incumpran códigos"

O presidente do Goberno presentará este mércores un paquete de medidas de rexeneración democrática

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo Yolanda Díaz, á súa chegada ao Consello de Ministros en Bruxelas, este martes
G24.gal 16/07/2024 09:59 Última actualización 16/07/2024 10:23

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo Yolanda Díaz anunciou que os partidos do Goberno de coalición, PSOE e Sumar, alcanzaron un acordo para derrogar a lei mordaza no marco das medidas de rexeneración democrática anunciadas polo presidente do Goberno Pedro Sánzhez.

Díaz avanzou en declaracións aos medios en Bruxelas, onde participa este martes nun Consello de ministros de Traballo da UE, que Sánchez comparecerá este mércores ás 9:00 horas para anunciar o paquete de medidas acordado este martes polos socios de Goberno.

"E tamén unha lei que vai impedir que quen vulnere os códigos deontolóxicos no exercicio do xornalismo gocen de subvencións e financiamento público", explicou Díaz, en relación á lei de publicidade institucional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade