Publicador de contidos
Publicador de contidos

Díaz e os sindicatos, contra a proposta de Escrivá de rebaixar requisitos para regularizar traballadores estranxeiros

Díaz e os sindicatos, contra a proposta de Escrivá de rebaixar requisitos para regularizar traballadores estranxeiros

G24.gal 18/05/2023 15:05 Última actualización 18/05/2023 15:15

O chamado "arraigamento por formación" permite que os estranxeiros que leven dous anos en situación irregular en España poidan obter os seus papeis a cambio dunha formación regulada. Case 12.000 inmigrantes acolléronse a esta fórmula dende que en xullo se incluíu na reforma da lei de estranxeiría.

Agora o Ministerio de Inclusión quere flexibilizar eses requisitos. "Pedíronnos incluír, porque a primeira instrución era demasiado ríxida, a posibilidade de facer cursos a distancia, en fin de semana, con menos horas... Dende un punto de vista de sensibilidade social, afondamos nesta instrución", explica Escrivá.

A proposta non convence a ministra de Traballo, que cre que a esixencia de formación non se pode rebaixar, e apunta que a prioridade é mellorar as condicións laborais. "Ante o debate da man de obra, de onde ven, cómo ven... as condicións laborais teñen que ser melloradas. Por que os traballadores da agricultura do noso país van a vendima francesa e non o fan aquí?", cuestiona Díaz.

Os sindicatos tamén son críticos coa proposta de Escrivá. Agora teñen dez días para suxerir cambios a unha medida que si conta co apoio da patronal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade