Diego Villares: "É importante darlle confianza a quen nos levou ata aquí"
Diego Villares: "É importante darlle confianza a quen nos levou ata aquí"
O de Vilalba confía na importancia do grupo do ascenso para a nova temporada
Diego Villares afronta unha nova temporada moi especial para el. Despois de anos competindo, por fin chega ao fútbol profesional, algo que destaca como "moi bonito" e "especial".
O Deportivo non ten clara aínda cal é a súa meta. Para Villares, o obxectivo irano decidindo segundo pasen as xornadas. Polo de agora, destaca a importancia dos xogadores que estiveron no ascenso, a maioría con experiencia na categoría, para o ben do equipo coruñés.
Diego Villares destacou tamén que o cadro está tranquilo, mais que quizás chegado o día aparezan os nervios. Sobre ese debut comentou que iniciar a competición ante o Oviedo en Riazor era "unha boa pedra de toque". No referente ás fichaxes, Villares afirmou que o grupo estase adaptando ben e non ten dúbida de que ata as máis recentes, como o recén chegado, Helton Leite, remataranse acoplando exitosamente.