Cargando resultados...
Dimite a primeira ministra de Nova Zelandia
Dimite a primeira ministra de Nova Zelandia
Con 42 anos, di que ten "o depósito baleiro"
Nova Zelandia ten programadas eleccións para o 14 de outubro
A máis tardar, marchará o sete de febreiro
G24.gal
19/01/2023 08:17
A primeira ministra de Nova Zelandia anuncia a súa dimisión. Jacinta Ardern, de 42 anos, marcha, a máis tardar, o sete de febreiro. Será substituída por un membro do seu partido que se elixirá a semana que vén.
A laborista deu como motivo que non ten enerxía, e fíxoo cunha expresión coloquial: dixo que ten o depósito baleiro. Emocionada, Ardern repasou os retos do seu mandato, como a pandemia, a crise económica ou o cambio climático. As vindeiras eleccións están programadas para o 14 de outubro.