Cargando resultados...
Dimite o líder de Cs ante a falta de acordo para integrarse nas candidaturas do PP
Dimite o líder de Cs ante a falta de acordo para integrarse nas candidaturas do PP
Os dous partidos lamentan o fracaso que atribúen as tensións internas en Ciudadanos
G24.gal
22/03/2024 18:37
Última actualización 22/03/2024 18:45
Dimite o líder de Ciudadanos, Adrián Vázquez, ante a falta de acordo co Partido Popular para unha candidatura conxunta nas eleccións catalás e europeas.
Os dous partidos coinciden en que non foi posible polas tensións internas en Ciudadanos.
O fracaso chega tras o choque de Vázquez e o líder de Ciudadanos en Cataluña, Carlos Carrizosa, contrario á integración dos laranxas nas listas do PP.
As direccións dos dous partidos lamentan que non houbera acordo e valoraron o "esforzo honesto" dos negociadores, Vázquez por Ciudadanos e Cuca Gamarra polo PP .