Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dinamita, de Abegondo, gaña a carreira de burros de Escairón por sétima vez

Dinamita, de Abegondo, gaña a carreira de burros de Escairón por sétima vez

A tradicional carreira leva formando parte das festas patronais desde 1943

Participaron 17 burros, fronte á trintena do ano pasado 

Os gañadores, o burro Dinamita co seu xinete, Antonio Aradas, entrando na meta
G24.gal 06/08/2024 14:44

Público moi internacional nun ambiente moi festivo e popular na tradicional carreira de burros das Festas de Escairón. Había chegados de toda Galicia, pero tamén de California, de México, de Suíza e do resto de España, sobre todo, cataláns de Xirona ou Barcelona, lugares nos que recalaron os emigrantes do Saviñao.

A carreira de burros ten historia abondo como para ser coñecida: xa aparece mencionada no cartel das festas de 1943. 

Da trintena de burros participantes do ano pasado pasaron a 23, chegados de toda Galicia. Pero non defraudaron e ao público gustáronlle ata as caídas. Din que é mellor que as carreiras de cabalos de Ascot.

Caídas de xinetes e burros teimudos non faltaron entre a troula xeral que se divertiu do lindo coas burradas.

O máis veloz foi Dinamita, de Abegondo, que se adestra catro días á semana, que sobe por sétima vez ao podio no vello campo de fútbol da Lama, ateigado dun público que animou moito os participantes. Di o seu xinete, Antonio Aradas, que gañar en Escairón é complicado, pero é a recompensa do traballo de adestramento e coidados do burro.

Competición entre parroquias de tiro de corda, misa solemne e animación infantil pechan a mañá da derradeira xornada das festas de Escairón na honra á patroa, a Virxe das Dores, á espera do fútbol, do concerto nocturno do Combo Dominicano e dos fogos de artificio como ramo, ata o ano vindeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade