XVI Feira do Cabalo de Escairón
XVI Feira do Cabalo de Escairón
Enxalza a tradición cabalar do Saviñao
Celebrouse este domingo no Saviñao a décimo sexta edición da Feira do Cabalo de Escairón, un punto de encontro para os afeccionados ao mundo cabalar, un evento no que houbo concurso de galope, competición de andadura e exhibición de doma, entre outras actividades.
O concurso de galope abriu as actividades da tarde do domingo no Saviñao. Os gañadores foron Kike e a súa egua Kiara.
O concurso de galope é unha máis das actividades propostas para unha feira na que o cabalo é o protagonista, un animal co que nesta parte de Galicia hai moita tradición de convivencia.
En total concentráronse na feita uns cento cincuenta cabalos. Tamén público interesado no mundo cabalar.
Ademais de premios en metálico, sorteouse un poldro entre os asistentes.