Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dinamita, un burro de Abegondo de 10 anos, gaña a tradicional carreira do Saviñao

Dinamita, un burro de Abegondo de 10 anos, gaña a tradicional carreira do Saviñao

A carreira de burros enxalza o traballo do animal durante décadas no agro galego

Este ano participaron na carreira 26 exemplares e houbo catro roldas clasificatorias

Grupos ecoloxistas pediron a suspensión da carreira "por maltrato animal"

Os animais proviñan de Galicia, do País Vasco e de Asturias Os animais proviñan de Galicia, do País Vasco e de Asturias
G24.gal 09/08/2022 14:31

O gañador desta edición foi Dinamita. Vén de Abegondo, ten 10 anos e xa era un dos favoritos. "Normalmente adestramos catro días á semana. Coidámoslle a alimentación, pesámola... Salvando as diferenzas igual ca un deportista de elite", comenta o seu xinete.

A tradicional carreira do Saviñao é unha mestura de festa e competición que enaltece a figura do burro, que enxalza anos e anos de traballo no agro. Este ano participaron 26 exemplares de toda Galicia e mesmo algún do País Vasco e de Asturias.

Normas estritas

As normas para participar son estritas. A monta ten que ser natural. Están prohibidas as esporas, poñerlle bozo ao burro ou utilizar vara.  O concello publicou unhas bases nas que se establecía este regulamento. Unha veterinaria analizou os animais antes de empezar cada carreira.

"Antes de entrar na pista facemos unha lectura da identificación do animal e unha inspección técnica para ver que o animal está apto para poder participar na carreira", conta a veterinaria.

Críticas ecoloxistas 

Este ano dous grupos ecoloxistas pediron que se suspendera a festa por "maltratao animal" e instaron o Colexio de veterinarios de Lugo a pronunciarse sobre a carreira. O Concello afirmou que no Sabiñao o burro é homenaxeado, non maltratado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar