Publicador de contidos
Publicador de contidos

Directores de centros públicos da Coruña ven precipitada a aplicación da LOMLOE

Directores de centros públicos da Coruña ven precipitada a aplicación da LOMLOE

O presidente da asociación de directores da Coruña denuncia que supón un esforzo engadido a convivencia de dúas leis educativas no mesmo ano académico

 

 

G24.gal 08/09/2022 08:47

O presidente da Asociación de Directores de Centros Públicos da Coruña considera que a LOMLOE se implanta de xeito precipitado. A norma entrará en vigor nos cursos impares, mentres que os pares continuarán rexéndose pola anterior lei. Nunha entrevista no Galicia por Diante, Antonio Leonardo Pastor apunta: "Para nós é un incomodo mirar en que curso estás para aplicar unha lei ou a outra. O máis doado sería empezar unha lei con todos os cursos".

Leonardo Pastor tamén cre que esa precipitación é a causa de que algunha editorial estea tardando en publicar os novos libros de texto, xa que a Xunta aínda non publicou os currículos académicos definitivos:

"Estamos vendo que algúns libros aínda non están porque as editoriais non os deron feito. Vai ser un problema? Non, porque o libro é unha ferramenta de axuda, non é de vital importancia para a aprendizaxe do alumno. Pero si é importante".

O responsable da Asociación de Directores de Centros Públicos da Coruña constata tamén o descenso xeneralizado das matrículas en infantil e primaria: "Estase notando. No meu centro conto agora con 230 alumnos, cando hai catro anos contaba con 270, é un descenso bastante notable".

Leonardo Pastor apunta que o seu colexio mantén o mesmo número de profesores, o que baixa a ratio das aulas e "aumenta a calidade do ensino".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade