Publicador de contidos
Publicador de contidos

Disparan contra dous autobuses cando facían a ruta a Santiago dende Carballo e Baio

Disparan contra dous autobuses cando facían a ruta a Santiago dende Carballo e Baio

Os sucesos non provocaron feridos

Un dos autobuses tiroteado
G24.gal 22/08/2023 21:41 Última actualización 22/08/2023 22:12

Estes son os danos que provocou nun dos autobuses o disparo efectuado probablemente cunha escopeta de aire comprimido. Circulaba entre Baio e Santiago, e conta o condutor que á altura da Baña sentiu o impacto contra a ventá do vehículo. Viaxaba con dez pasaxeiros abordo.

Parou para ver que fora e calmar os nervios, pero non conseguiu ver de onde ou de quen viña presuntamente o disparo. Rebentou o primeiro cristal, que é dobre, así que, sen máis danos que o susto no corpo, seguiu ruta ata Compostela.

Foi ao acudir ao cuartel para denunciar os feitos, cando a Garda Civil o informou de que poucas horas antes atacaran outro autobús co mesmo modus operandi. Foi arredor das 7 e media da mañá, ao seu paso pola parroquia tordoiesa de Anxeriz.

O autobús viaxaba entre Carballo e Santiago con 3 pasaxeiros abordo cando recibiu o disparo, que por sorte tampouco conseguiu traspasar o cristal. Os dous autobuses atacados pertencen a pequenas empresas de transporte, asociadas nunha UTE para cubrir estas rutas.

Dende a asociación non queren facer conxeturas, pero contan que hai cousa de dúas semanas xa tiveron que denunciar outro ataque, neste caso, pola picada de rodas de dous autobuses na estación de Carballo. Teñan relación ou non, a Garda Civil investiga os dous ataques.

Só provocaron danos materiais, pero a gravidade deste último incidente puido ser moito maior: non queren nin pensar que sucedería se os proxectís atravesaran o dobre cristal e impactaran no condutor ou nalgún dos pasaxeiros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade