Dispáranse os prezos para viaxar durante a Semana Santa
Dispáranse os prezos para viaxar durante a Semana Santa
O aumento da demanda provoca unha alza dos prezos das viaxes
Atopar billetes para estes días é unha odisea; conseguilos a bo prezo, misión imposible
Ocupar o ocio viaxando hai tempo que deixou de ser un privilexio. Con todo, mellor programar as escapadas con antelación, porque coa demanda os prezos sempre se disparan.
"Si, si, están polas nubes, por iso hai que programar con certa antelación, senón resulta bastante complicado viaxar".
" Collémolo hai un par de meses e estaba bastante ben de prezo, por iso nos anticipamos un pouquiño porque agora miramos e están bastante máis caros".
A sensación xeral é de que o tempo das gangas xa pasou. Agora resulta moi difícil atopar unha.
"Se existen, eu non as atopo, porque cando as vou buscar nunca hai, ou non hai para a data ou non hai para onde quero...".
"Viaxo bastantes veces a Suiza e antes atopar voos a 17 euros, agora está case imposible, 17 euros, e daquela había maleta incluída".
Esa é outras das queixas, o prezo inicial pouco ten que ver co que realmente toca pagar.
"Hai moitos extras que antes estaban incluídos nos billetes, e agora, pois claro, os prezos, se sumas todo, increméntanse bastante"
A marca Semana Santa leva un plus implícito que fai que todos os prezos perdan o norte. Son esas cousas que pasan cando aumenta a demanda.
"Nós para buscar un coche de alugueiro para Palma de Mallorca para Semana Santa vimos que saía sobre cento e pico, cento corenta euros ao día incluso, pero, porén, se o buscabas calquera outra semana que non fose Semana Santa, trinta euros ao día como moito".