Publicador de contidos
Publicador de contidos

Diverxencias entre o PP e o PSOE sobre Mazón e as responsabilidades da DINA

Diverxencias entre o PP e o PSOE sobre Mazón e as responsabilidades da DINA

Desde o Partido Popular pídenlle ao Goberno que dea explicacións e recoñeza os seus erros como fixo onte Carlos Mazón

A socialista Diana Morant sostén que Mazón non pode seguir "nin un un minuto máis" á fronte da Comunidade Valenciana

Dous voluntarios saúdan unha nena na Torre, devastada pola DINA. EFE/Manuel Bruque
G24.gal 16/11/2024 15:04 Última actualización 16/11/2024 16:29

En Sevilla comparecía este sábado o responsable de política autonómica e local do PP. Elías Bendodo asegura que o Goberno ten moito que explicar sobre a súa xestión da DINA. Sinala que a vicepresidenta Teresa Ribera estaba en Bruxelas tentando ser comisaria cando ocorreu a catástrofe e que Sánchez debe recoñecer os erros cometidos.

"O presidente do Goberno cada vez que ten un problema sae correndo. Os bos políticos asumen responsabilidades, dan explicacións e asumen erros. Aos malos políticos trémenlles as pernas e saen fuxindo ante os problemas e culpan o de enfronte. Iso é Sánchez".

Mentres, a ministra e líder dos socialistas valencianos, Diana Morant, segue apostando pola dimisión de Carlos Mazón. Este venres ofrecíalle os votos dos socialistas ao PP para nomear un novo presidente da comunidade e hoxe di que se non o aceptan, os populares e Fejóo "bórranse da solución e da responsabilidade".

"Carlos Mazón non pode seguir nin un minuto máis. Tendémoslle a man ao Partido Popular para que destitúa o señor Mazón, e conforme un goberno técnico de transición enfocado na reconstrución".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade