Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dolores García substitúe a Alfonso Villares á fronte da alcaldía de Cervo

Dolores García substitúe a Alfonso Villares á fronte da alcaldía de Cervo

O popular converteuse hai uns días en conselleiro do Mar

G24.gal 17/06/2023 19:37 Última actualización 17/06/2023 19:42

No concello de Cervo o protagonismo foi compartido. O anterior rexedor Alfonso Villares converteuse hai uns días en conselleiro do Mar. O PP impuxérase, coma en comicios anteriores, por maioría absoluta neste municipio da Mariña lucense.

O exalcalde abre unha nova etapa no goberno autonómico despois de 26 anos dedicado á política municipal. Toma a remuda de Villares a súa compañeira de filas Dolores García. O de hoxe foi un día especial para ela e para o anterior rexedor, que non agochou a súa felicidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade