Publicador de contidos
Publicador de contidos

Domingo de Entroido, desde a provincia máis festeira, Ourense, ata as danzas de Cobres

Domingo de Entroido, desde a provincia máis festeira, Ourense, ata as danzas de Cobres

O domingo é o día grande do Entroido de Verín

Madamas e galáns danzan en Cobres

G24.gal 11/02/2024 18:36 Última actualización 11/02/2024 21:45

É o día máis importante desta celebración ancestral, que dura varias semanas e aínda se prolongará uns días máis, ata o Domingo de Piñata. Por iso, ninguén queda na casa.

"Que o tempo non nos faga quedar na casa, hai que saír aínda que chova. E o can tamén se disfraza, non podemos deixalo na casa, é un máis da familia, vai disfrazado". 

Despois de meses de preparativos, as comparsas desfilaron polas rúas coas súas carrozas. Tamén os cigarróns, moitos e de todas as idades que para iso son os protagonistas deste Entroido.

"A nós cústanos poñer o traxe de cigarrón cando chove porque se pode estragar, pero acabas por animarte".

O Entroido de Verín, declarado Festa de Interese Turístico Nacional hai 15 anos, atrae visitantes doutras localidades galegas e españolas.

"Non ten por que ir todo o mundo de cigarrón, aínda que é a figura principal do Entroido, cada un vén como pode ou como quere".

Porque o disfrace é case obrigado para gozar da festa.

 

En Ourense cidade, o tradicional desfile de disfraces volveu ser multitudinario 

 

Os entroideiros tamén chegaron ao hospital e repartiron orellas

Este domingo, as persoas ingresadas no CHOU puideron celebralo coas bonitas de Sande, os membros da asociación do paciente e tamén cos profesionais sanitarios, que repartiron orellas por todos os cuartos.

Tampouco faltou o baile. Desde as ventás puideron gozar da actuación de 130 alumnos da escola ourensá Catro Pasos, que cantaron e bailaron diante da entrada principal do centro sanitario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar