Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dominio total de Urdaibai nunha xornada propicia para Cabo de Cruz

Dominio total de Urdaibai nunha xornada propicia para Cabo de Cruz

O equipo de Boiro foi o oitavo clasificado e sumou cinco puntos de ouro neste inicio de Liga ACT

Bueu, que exercía como anfitrión, volveu acabar no último posto

G24.gal 30/06/2024 17:24

A Liga ACT viviu este domingo a súa segunda cita en augas galegas, a Bandeira Concello de Bueu. Na categoría feminina, as dúas embarcacións galegas pecharon a clasificación, con Tirán oitava e Cabo de Cruz sétima, nunha fin de semana dominada por Arraun Lagunak. As vixentes campioas lograron o dobrete na Coruña e en Bueu.

Na masculina o mellor papel protagonizouno Cabo de Cruz, que gañou a primeira quenda, e meteuse no oitavo posto final. Bueu, que remaba na casa, non puido evitar novamente o último posto. As dúas bandeiras gañounas Urdaibai que comeza a temporada tal e como rematou a anterior, asoballando aos seus rivais. 

Ares impón o seu poderío en Narón

A Liga Galega de traiñeiras comezou este mediodía en Narón coa primeira proba puntuable. O gran favorito, Ares, cumpriu os prognósticos e impúxose na contra o reloxo con onde segundos de vantaxe sobre Tirán-Pereira e trece por diante de Chapela. Máis lonxe estivo Castropol, a 25.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos