Publicador de contidos
Publicador de contidos

Donald Trump, primeiro presidente dos EUA condenado polo penal

Donald Trump, primeiro presidente dos EUA condenado polo penal

O xurado considérao culpable dos 34 cargos de que estaba acusado no caso Stormy Daniels

Declárao culpable de falsificar rexistros comerciais para impedir que saíse á luz un escándalo sexual durante a campaña electoral que o levou á Casa Branca

A condena coñecerase o 11 de xullo e pode chegar aos catro anos de prisión, pero non lle impedirá concorrer aos comicios

Trump fala de caza de bruxas e acusa o xuíz de corrupto
G24.gal 31/05/2024 00:15 Última actualización 31/05/2024 08:16

Donald Trump foi declarado culpable de 34 delitos por comprar o silencio da actriz porno Stormy Daniels. O xurado alcanzou o veredicto tras máis de once horas de deliberación. O expresidente fala de caza de bruxas. O 11 de xullo farase pública a sentenza. 

É a noticia con que abren hoxe os informativos matinais de medio mundo. 

Donald Trump volve facer historia. O líder republicano convértese no primeiro expresidente condenado con cargos penais na historia dos Estados Unidos. E aínda ten outras catro causas pendentes. 

No segundo día de deliberación, o xurado declárao culpable por unanimidade dos 34 cargos imputados de falsificación documental para ocultar o pagamento a unha actriz porno e  de vulneración de leis de financiamento de campaña. 

A primeira reacción de Trump foi chamar corrupto ao xuíz, declararse preso político e falar de cacería por parte da administración Biden.

Trump di que o verdadeiro veredicto será o 5 de novembro, nas eleccións presidenciais. O republicano quítalle ferro á condena, confía en que o poder que terá se sae elixido presidente, e ten posibilidades, estará por riba do propio sistema xudicial. 

Mentres os seus avogados preparan a apelación, Trump céntrase na campaña. Hoxe ofrecerá unha conferencia de prensa desde a Torre Trump para pedir apoio dos seus simpatizantes. De feito, nada máis coñecerse o veredicto, xa colapsou o sitio web para facer doazóns ao republicano. 

Porque o veredicto de culpabilidade non lle impide presentarse ás eleccións nin ser reelixido. Pode ser presidente mesmo inda se é condenado a prisión. Podería afrontar ata catro años en prisión. Inda que pola idade, a ausencia de antecedentes penais e seren delitos non violentos podería librarse do cárcere. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade