Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous artistas, galego e norteamericana, recrean o Camiño de Inverno en formato postal

Dous artistas, galego e norteamericana, recrean o Camiño de Inverno en formato postal

Tardaron 9 días desde Valdeorras ata Compostela

O resultado da andaina é unha colección de postais que se exporán en novembro 

G24.gal 09/09/2022 15:44

Rematan nove días de peregrinación entre Valdeorras e Compostela de dous artistas ilustradores, a norteamericana Rita Sabler e o galego Miguelanxo Prado. Dúas olladas e dúas maneiras de traballar, e este é o resultado.... unha colección de postais que reflicten a sorpresa das súas retinas e documentan unha andaina de 239 kms en que non sempre lles foi doado combinar os pasos cos pinceis.
 
Levan a caixiña coas postais preparadas para traballar nese pequeno formato, o que lles deu algunha dificultade a maiores da propia de ir camiñando e parando para inspirarse e pintar....para logo volver camiñar. 

Ela nunca visitara Galicia, el fixo o Camiño quince veces. Non se coñecían. Escoller a ruta de Inverno, a máis nova e descoñecida, case sen peregrinos, axudounos á introspección que necesitaban. Chegan fascinados polo Camiño e pola descuberta do outro.

O Xacobeo e a adega Rectoral de Amandi colaboraron para facer posible a andaina artística que terá continuación en novembro coa exposición das postais no Museo das Peregrinacións en Santiago. Daquela, coñeceranse os destinatarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade