Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preto de 60 creadores, artesáns e artistas participan nunha nova edición do Mercado das Nubes

Preto de 60 creadores, artesáns e artistas participan nunha nova edición do Mercado das Nubes

Tamén haberá degustacións gastronómicas elaboradas con produtos dos postos da praza de abastos

G24.gal 10/03/2023 21:32

O Mercado das Nubes é un mercado urbano onde prima o deseño, a creatividade e os produtos sostibles e de proximidade.

Desde o sector téxtil, á fotografía pasando pola ilustración e a xoieiría ou a decoración. Desta volta preto de 60 creadores, artistas e artesáns achegan as súas propostas neste espazos que ten como escenario o mercado de Santo Agostiño da Coruña.

Tamén haberá degustacións gastronómicas elaboradas con produtos dos postos da praza de abastos.

Esta nova edición do Mercado das Nubes, dedicada á primavera, poderá visitarse ata o domingo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar