Dous condutores faleceron este venres en dous accidentes en Tui e en Vigo

En Tui atoparon falecido o condutor fóra do vehículo

G24.gal 28/10/2023 09:16

Nun dos accidentes, o condutor, de 26 anos, morreu na A-55. O coche que conducía deu varias voltas. O sinistro tivo lugar de madrugada no quilómetro 33 en sentido Vigo, á altura da parroquia de Randufe.

A Garda Civil foi quen chegou en primeiro lugar ao lugar do sinistro, desde onde se comunicou co 112 Galicia e informou de que, dado o estado en que quedara o vehículo, eran incapaces de precisar se había algunha persoa atrapada no interior.

O 112 mobilizou aos servizos sanitarios e aos Bombeiros do Porriño. Despois do impacto atoparon finalmente ao condutor fora do vehículo, xa falecido, sen que os profesionais do 061 puidesen facer nada pola súa vida e sen que fose necesaria excarceración algunha por parte dos bombeiros.

A Garda Civil trata de aclarar as circunstancias en que se produciu este accidente.

O outro accidente aconteceu no túnel de Bouzas. A vítima é un home de 55 anos. O sinistro, no que se viron implicados dous vehículos, ocorreu ás 7.52 horas, segundo o 112, no túnel de Bouzas en dirección Balaídos.

Foron mobilizados efectivos da Policía Local e do 061. O vehículo chocou coa medianeira do túnel.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade