Dous de cada tres autónomos non recuperaron o nivel de negocio prepandemia
Dous de cada tres autónomos non recuperaron o nivel de negocio prepandemia
Un de cada tres asegura atravesar dificultades que poñen en risco a continuidade da súa actividade
O custo das materias primas, a inflación, os impostos e as cotizacións asfixian os autónomos. Na enquisa realizada pola asociación estatal de traballadores autónomos, dous de cada tres din que os gastos subiron un 20 por cento durante o último ano e un 30 % tivo que solicitar algunha liña de financiamento.
O resultado da enquisa realizada pola Asociación Estatal de Autónomos entre os seus afiliados non ofrece datos optimistas. Lorenzo Amor, presidente da asociación ATA, di que "a 30 de xuño hai 99 autónomos menos que o ano pasado. Isto levaba años sen velo".
Aumenta a cifra global de facturación pero o incremento do gasto nun 20 por cento afoga o 70 por cento dos autónomos. Amor explica: "O sesenta por cento paga un vinte por cento máis de gasto e, se a actividade sobe, significa que traballando as mesmas horas chega menos diñeiro".
A inflación, os impostos, as cotizacións e o custo das materias primas están a poñer as cousas difíciles a moitos deles. Son, ademais, maioritariamente pesimistas sobre a evolución con vistas ao segundo semestre deste ano.
Un de cada tres autónomos atravesa dificultades económicas que poñen en risco a continuidade da súa actividade.