Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os empresarios dos salóns de peiteado expresan preocupación pola redución da xornada laboral

Os empresarios dos salóns de peiteado expresan preocupación pola redución da xornada laboral

O sector fixo público un comunicado onde alerta das graves consecuencias laborais que suporá para eles a posible redución da xornada laboral 

Aseguran que non só destruirá emprego, senón que precarizará aínda máis un traballo xa de por si castigado cun IVE moi alto, do 21 %

G24.gal 29/08/2024 14:46

É o sector que máis autónomos ten, é dicir, case o 84 %. A posible redución da xornada laboral, pasar das corenta a trinta e sete horas e media semanais, cren que só facilitará a destrución dun emprego onde a maioría son mulleres. 

Con esta medida, din que os autónomos terán que traballar máis horas para poder facer fronte aos salarios dos seus empregados.

A suba dos prezos para os seus clientes cren que non é a solución a un problema que podería fomentar a economía somerxida.

En setembro celebrarase unha nova reunión para abordar este tema da redución da xornada laboral onde estarán representadas as principais patronais nacionais, autonómicas e locais. Alí formularán, entre outras cousas, esa baixada do IVE do 21 ao 10 %. Medida que, din, axudaría a afrontar os custos salariais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade