Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous dos radares fixos que máis multan están en Galicia

Dous dos radares fixos que máis multan están en Galicia

Dous deles están na autovía que une Vigo con Tui

Un só radar da A-55 chegou a multar 40.698 condutores o ano pasado

Un dos radares fixos situados na autovía A-55 en Mos Un dos radares fixos situados na autovía A-55 en Mos
Alberto Mancebo 07/07/2022 14:31

Os dous radares do coñecido tramo da A-55 en Mos, na provincia de Pontevedra, son famosos entre os condutores.

"A min sempre me pilla", di un condutor.

O ano pasado un deles captou 40.700 condutores superando o límite de 60 km/h marcados.

"Os condutores que superan esas velocidades están dándolles cartos en bandexa".

Trátase dunha vía cun trazado perigoso, que nos anos 90 rexistraba das maiores concentracións de accidentes de Galicia.

"Os radares nesta autovía fan falta porque é perigosa, está moi mal feita".

Segundo os datos da DXT, a media de sancións nesta vía que une Vigo con Tui é de 300 euros, así que, facendo contas, un só deses radares superou os 10 millóns de recadación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade