Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía Local de Cabanas multiplica as multas aos que non respectan as zonas de aparcadoiro

A Policía Local de Cabanas multiplica as multas aos que non respectan as zonas de aparcadoiro

Os residentes piden máis zonas limitadas e os visitantes quéixanse da falta de espazo

G24.gal 15/08/2024 14:46

Día de Praia en agosto nun dos areais mais concorridos das Rías Altas. "O aparcamento está complicado. Nun día coma o de hoxe ou madrugas moito ou non hai maneira".

Atopar un oco é unha tarefa imposible a partir de media mañá. "Un día saía co coche e o que ocupou o meu sitio levaba unha hora dando voltas para aparcar".

A praia conta cunha zona de estacionamento limitada aos residentes cun horario que vai das dez da mañá as oito da tarde. "Os que estamos aquí todo o ano e pagamos aquí os nosos impostos temos dereito a deixar o coche e vir".

Pero os visitantes aseguran que moitas estas prazas quedan valeiras. "Din os veciños que son necesarias pero logo veñen os coches e se non teñen onde aparcar déixano aí".

E hai quen prefire arriscar e acaba deixando o vehículo mal aparcado aínda a costa de acabar cunha multa da policía local que multiplica as sancións do resto do ano. "Pasan e len a matricula e o que non sexa residente terá que pagar a multa".

Este ano as prazas dispoñibles redúcense aínda mais polas obras de saneamento que se levaron a cabo na zona. A solución, din os veciños, pasa por ordenar todo o espazo. "Ordenar e regular e as empresas que fan obras que teñan o compromiso de deixar a zona como estaba".

As autoridades de tráfico tiveron que botar man da limitación do paso de coches cara ao areal hai unhas semanas ante o bloqueo da zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade