Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro feridos en Ordes tras unha explosión de gas no primeiro piso dun edificio

Catro feridos en Ordes tras unha explosión de gas no primeiro piso dun edificio

Un home de 88 anos, ocupante da vivenda en que se produciu a explosión, foi evacuado en helicóptero ao CHUAC en estado moi grave 

Outros dous feridos eran clientes do bar que estaba baixo o piso afectado pola explosión de gas, xa que o chan caeu sobre o local de hostalería

A cuarta ferida é unha nena de 11 anos que pasaba pola rúa e que xa foi dada de alta

Edificio onde se produciu a explosión de gas en Ordes ( EFE/Xoán Rey) Edificio onde se produciu a explosión de gas en Ordes ( EFE/Xoán Rey)
G24.gal 26/07/2023 11:05 Última actualización 26/07/2023 14:36

Catro persoas quedaron feridas, a última delas unha nena de 11 anos que pasaba pola rúa e que xa foi dada de alta, tras producirse unha explosión de gas propano no primeiro piso dun edificio da rúa do Recreo, en Ordes, contra as dez da mañá.

Un dos feridos é un home de 88 anos, ocupante da vivenda onde se produciu a explosión, que foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) en helicóptero. Está na UCI en estado moi grave con queimaduras de terceiro grao no 45 % do seu corpo. 

O edificio, situado no centro da localidade e en cuxa planta baixa hai un local de restauración, sufriu danos materiais de consideración, xa que perdeu toda a fachada da primeira planta.

As primeiras investigacións apuntan a que as outras dúas persoas feridas, que foron trasladadas ao Punto de Atención Continuada (PAC) da zona inicialmente, eran clientes do bar situado no baixo do inmoble, indica a Garda Civil. Un deles é un home de 68, que houbo que liberar, xa que un pé lle quedara atrapado baixo os cascallos, que está ingresado na UCI do CHUS con prognóstico reservado. 

A onda expansiva provou danos en edificios lindeiros e os cascallos e cristais afectaron varios vehículos aparcados na contorna. 

Tamén se desprazaron ao lugar dos feitos os bombeiros de Ordes e de Betanzos, a Garda Civil e a Policía Local. 

Así quedou a contorna do edificio afectado pola explosión (EFE/Xoán Rey) Así quedou a contorna do edificio afectado pola explosión (EFE/Xoán Rey)
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade