Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous meses despois dun incendio, os veciños aínda non poden usar os garaxes e os rochos

Dous meses despois dun incendio, os veciños aínda non poden usar os garaxes e os rochos

Os afectados, en Narón, culpan da situación as compañías de seguros e piden que comecen as obras

G24.gal 11/04/2023 13:59

O incendio fortuíto dun vehículo calcinou o pasado 11 de febreiro un garaxe de Xuvia, en Narón. Daquela xa pasaron dous meses e, das 27 prazas que hai, moitas quedaron inservibles. 

Os prexudicados din que teñen que aparcar os seus coches fóra e que non poden acceder os seus rochos.

Culpan desta situación os seguros que, polo que contan, aínda non se puxeron de acordo nin para limpar o garaxe nin para arranxar os desperfectos valorados nuns cen mil euros.

Agora piden que comecen as obras canto antes porque este problema estase a alongar moito no tempo e que non van seguir así.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade