Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous penaltis por mans cústanlle a derrota ao Lugo en León (2-0)

Dous penaltis por mans cústanlle a derrota ao Lugo en León (2-0)

Martín Solar aproveitou os dous lanzamentos e deixa o equipo de Trashorras en terra de ninguén

G24.gal 31/03/2024 18:56

Dous goles de penalti de Martín Solar déronlle a vitoria á Cultural Leonesa fronte ao Lugo. As dúas infraccións foron moi similares e protestadas polos xogadores de Roberto Trashorras. Aguza (min 20) e Andrés Castrín (min 33) tocaron o coiro coa man na área e o colexiado non dubidou á hora de indicar a pena máxima. 

O Lugo tivo ata o primeiro gol os seus mellores minutos. Saíu querendo ser protagonista do partido e sorprendeu á Cultural. Pero as dúas accións, nun espazo moi curto de tempo, condicionaron o resto do partido. 

Na segunda metade xa non tería o Lugo esa capacidade de reacción e non deu a impresión de ter argumentos para remontar o 2-0. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade